Martes. 27.10.2020
El tiempo

Calafateando: Mariñeiro artesanal de polbo: “O que temos que facer para poder saír ó mar” (parte I)

Calafateando: Mariñeiro artesanal de polbo: “O que temos que facer para poder saír ó mar” (parte I)
Un barco de pesca artesanal en Fisterra Un barco de pesca artesanal en Fisterra Despois do primeiro cafeciño do día afrontamos unha xornada de pesca artesanal de polbo moi desapracible con choiva persistente e ventos do sur de forza 4. Xa estamos en plena primavera, pero a meteoroloxía séguenos resultando adversa, e non podemos realizar a nosa actividade con normalidad, parece que logo dun inverno relativamente suave estámolas penando todas agora na primavera. Pero buenoo, como dicimos por aquí “nunca choveu que non escampara”. Xa a bordo de “Fui mi gusto” (si, si, é unha embarcación de pesca artesanal) preparámonos a partir do porto cara ás zonas de pesca, durante a ruta teremos tempo para preparar a carnada ou cebo para as nasas que capturarán o rico polbo galego e ademais aproveitaremos para saudar polo aparello de radio-telefonía VHF, (que todas as embarcacións levan instalado abordo) aos compañeiros dos portos arredores. Durante o percorrido, temos o privilexio de gozar dunhas vistas incribles desde o noso posto na “oficina”, e desde onde podemos ver uns amenceres espectaculares, aínda que hoxe o día non se preste a iso. Desde que saímos do porto os distintos equipos de navegación instalados abordo vannos dirixindo cara á zona exacta onde están caladas as nasas. Recordar que os nosos pais e avós non dispoñían desta tecnoloxía tan avanzada e situábanse nos caladeros de pesca, por medio das chamadas "marcas" (puntos de referencia en terra) e a cada caladero ou zona do mar definíaselle cun nome concreto (hidrotoponimia) que podían facer referencia a lugares de pesca utilizados por algún marinero, á abundancia dalgunha especie animal, entre outros moitos. Unha vez situados no punto onde está calada a primeira cacea de nasas, levantamos aboiar e empezamos a recollelas unha a unha. Como vén ocorrendo nos últimos meses, con cada nasa que levantamos levámonos unha decepción, o pulpo escasea, logo de "palmear" 600 nasas, as capturas son irrisorias, 25 quilos, moi por baixo dos topes establecidos de captura. De feito non alcanzamos nin o tope dun dos tripulantes. Esta escaseza de capturas preocupa a todo o sector e son moitas as opinións que hai respecto diso sobre como se debería proceder para recuperar unha especie tan importante como é o polbo para os pescadores galegos artesanales, e do que vivimos máis de 3.000 persoas en toda a costa galega embarcados en 1.250 barcos. Xa de volta a porto, as conversacións por VHF (noso particular espazo de debate diario) céntranse na difícil situación pola que está atravesando a pesquería de polbo, que na actualidade, coas capturas existentes non resulta rendible saír a faenar, malia que os prezos son moi interesantes, marcando día a día cotizaciones históricas en lonxa. Pero a realidade é que a venda do polbo capturado apenas cobre os moitos gastos que temos (carnada, combustible, seguro, seguridade social, taxas portuarias...) Logo dunha consulta realizada ao sector, a Consellería do Mar determinou establecer unha veda para o polbo de mes e medio. Para moitos de nós parécenos de xeito evidente insuficiente, para outros consideran que cun mes sería suficiente e para outros, os máis insensatos, ata opinan que o período de veda é innecesario. O debate radiofónico sobe de ton a medida que cada un vai esgrimindo os seus argumentos, e como case sempre, vense moi poucas posibilidades de aproximar posturas. Mentres tanto xa chegamos á entrada do porto, e é cando nos metemos no medio da apaixonada discusión para despedirnos ata mañá, que será outro día e que nos volveremos a suscitar "o que temos que facer para poder sair ao mar", na nosa versión/visión moi particular da banda sonora da exitosa serie televisiva "Fariña".    

Artigos para calafatear

Fonte

comentarios