Xoves. 13.08.2020
El tiempo

Mariscadoras da Ría de Muros e Noia animan ás de Corcubión e Fisterra á tecer redes conxuntamente

Mariscadoras da Ría de Muros e Noia animan ás de Corcubión e Fisterra á tecer redes conxuntamente
Mulleres do proxecto Candieira en Corcubion 1 Mulleres do proxecto Candieira en Corcubion

Fermoso está a ser este proxecto Candieira, que fomenta a unión entre colectivos de mulleres do mar para axudar á súa diversificación. Este pasado xoves celebrouse un encontro en Corcubión, onde as mariscadoras da Ría de Muros-Noia explicaron ás súas compañeiras corcubionesas e fisterrás, como funciona a Asociación de Mulleres do Sector Pesqueiro Seo de Fisterra-Ría de Muros-Noia da que forman parte.

A idea é xuntarse para seguir reforzando, conxuntamente o papel das mariscadoras, armadoras, redeiras e percebeiras da bisbarra dentro e fora do seu ámbito de traballo.

Á xuntanza asistiron mariscadoras de Muros, Noia e Corcubión e mariñeiras de Corcubión e Fisterra, ademáis do patrón da Confraría de Corcubión, José Domínguez, que exerceu de anfitrión, e da xerente do GALP da Costa Sostible, Manuela Oviedo.

Un xeito de seguir unindo ás mulleres do mar da Costa da Morte.

Mulleres do proxecto Candieira en Corcubion 3 Mulleres do proxecto Candieira en Corcubion

Vindeira visita, a Camariñas

Este vindeiro luns as mariscadoras estarán en Camariñas, visitando ás mariscadoras para probar con elas a ruta de turismo mariñeiro que xa veñen desenvolvendo (no porto e na praia de Ariño) e que seguiron traballando dentro de Candieira.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/as-mulleres-do-mar-de-camarinas-e-malpica-unen-os-seus-proxectos-turisticos/

Novas relacionadas

“A muller é a protagonista dos novos programas formativos de Candieira” — Que pasa na costa

Máis novas

“De ruta coas mariscadoras de Camariñas” — Que pasa na costa ““En Galicia, as mulleres do mar somos pioneiras en unirnos”” — Que pasa na costa “Calafateando: Redeiras, invisibles pero imprescindibles” — Que pasa na costa Fonte

comentarios