O Concello de Fisterra asume a xestión do Museo da Pesca


Parece que xurdiu efecto a campaña da sociedade pola recuperación do Museo da Pesca de Fisterra. Finalmente, tras varios anos de mala xestión por parte da Neria, Concello de Fisterra e Confraría de Pescadores “Nosa señora das Areas” asinaron un convenio para a cesión do Museo da Pesca.
Así, o Concello responsabilizarase durante os próximos 5 anos da xestión integral e mantemento do Museo da Pesca do Castelo de San Carlos, despois de xestionar varios aspectos legais que permitiron o cambio de cesión coa organización Neria, anterior responsable da xestión.
O Concello agora farase cargo nos próximos 5 anos da súa xestión de visitas, programación de actividades de promoción do Museo, así como cubrir as necesidades e gastos para que ditas instalacións permanezan abertas (luz, auga, e aquelas derivadas de incidencias de mantemento do día a día e que non teñan que ver con modificacións estruturais do edificio ou que atendan a graves deficiencias detectadas en ditas instalacións
Apertura inmediata, con Alexandre Nerium
A súa reapertura será inmediata, nos próximos días, do que será responsable Manuel López Martinez, Alexandre Nerium, valedor e parte da historia e éxito deste Museo que xa conta cunha relevancia e renome coma centro museístico.
Ninguén mellor ca el para contar historias neste Museo da Pesca, un espazo cultural e turístico referente da vila de Fisterra, sendo elevada a demanda de visitas a diario durante o período do verán e festividades.
Novas relacionadas
- Xuño 2016: A comunidade cultural galega envórcase co Museo da Pesca de Fisterra.
- Xuño 2016: O eterno peche do Museo da Pesca de Fisterra.
- Xuño 2016, Miro Villar: O poeta maltés Stephen Cachia critica o peche temporal do Museo da Pesca de Fisterra.
- Febreiro 2016: A Deputación intentará reflotar o Museo Seo de Corcubión.
- Marzo 2015: Contra o pasamento do Museo Seo de Corcubión.
- Marzo 2016: Xa son 5 os Concellos que abandonan a Asociación Neria.
- 2014: O Museo sen luz.
- Novembro 2014: A Neria, en quebra.
Fonte
- Redacción da QPC (info@quepasanacosta.com).