O Fondo de Compensación Ambiental repercute na ETAP de Malpica

03:53 05/03/18

O Fondo de Compensación Ambiental permite que Malpica poida investir algo máis de 90.000 euros na mellora da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) da localidade, así como a mellorar os depósitos de abastecemento.
As subvencións do Fondo de Compensación Ambiental correspóndelles aos concellos que teñen o seu territorio municipal dentro dunha poligonal de delimitación dun parque eólico ou están afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación. No caso de Malpica, o municipio alberga 69 aeroxeneradores e máis de 1,2 quilómetros de liñas.
Artigos relacionados
Novas relacionadas
- Decembro 17: 90.000€ en bombas para a ETAP Malpica.
- Febreiro 17: O concello de Malpica estuda a posibilidade de construír unha estacióndepuradora en Beo.
- Febreiro 17: Inaugurada oficialmente a Depuradora no porto de Malpica.
- Maio 2014: Arrincaron as obras da EDAR de Malpica 6 anos despois do inicio do proxecto:
- Setembro 2012: A Depuradora de Malpica ubicarase finalmente no porto a pesar do perigo medioambiental.