Mércores. 01.12.2021
El tiempo

Os percebeiros de Muxía escollen entre leas os seus días de traballo

Os percebeiros de Muxía escollen entre leas os seus días de traballo
Agrupacion de Percebeiros de Muxia

Lea continua dentro da Agrupación de Percebeiros Virxe da Barca de Muxía, nos últimos tempos, sobre todo coa Xunta de Galicia. Segue sen haber directiva oficial e unha xunta xestora formada por 15 (o día da súa elección só se presentaron 19 de 70 profesionais) está intentando sacar adiante os temas importantes. Temas tan fundamentais como os días de traballo para este mes de marzo e para o resto do ano.

Deste xeito, a xestora convocou finalmente (pendente de que non se anule) unha Asemblea Xeral para o vindeiro luns 19 de febreiro, ás 18:00h na confraría, para decidir cantos días de traballo se solicitan á Xunta para o mes de marzo. A proposta inicial, argumentando que non chegan os días para o resto do ano, é de 9 días, moi poucos para algún profesional e suficientes para outros.

A agrupación ten autorizados pola Xunta 150 días de traballo ó ano, tendo traballado en febreiro apenas 4 días (anuláronse outros 4 polo mal tempo). Aseguran estes membros que hai dias suficientes para pedir 14 días para este mes de marzo. A proposta será estudiada na asemblea.

Fonte

comentarios