Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os socialistas reclaman a intervención "rápida e contundente" da Xunta pra salvar a confraría de Malpica

Os socialistas reclaman a intervención "rápida e contundente" da Xunta pra salvar a confraría de Malpica
Pintadas-na-Casa-do-Pescador-de-Malpica-1 No pasado mes de xuño apareceu con pintadas a casa do Pescador de Malpica A grave situación que atravesa a confraría de Malpica chegou onte ao Parlamento galego da man da portavoz de Pesca do Grupo Socialista - Loli Toja - que reclamou onte unha “actuación rápida e contundente” da Xunta para “salvar á Confraría de Malpica”. Así o dixo no debate dunha pregunta oral en comisión parlamentaria sobre a situación do pósito, que acumula unha débeda de 300.000 euros con Portos de Galicia e coa Seguridade Social que pon en risco a súa supervivencia. Toja sinala que a prioridade do goberno galego “debe ser evitar que peche” unha confraría que conta con máis de 60 anos de historia e aglutina a máis de 200 cofrades, cun papel fundamental para a vila. Critica o desleixo do goberno galego fronte a esta situación, e sinalou que “sendo Portos un dos acredores máis importantes, deberan sentarse a falar e buscar solucións”. A responsable socialista sinala que a a débeda “aplasta a xestión diaria”, cos traballadores sen cobrar dende o mes de marzo e cun ERE a piques de rematar. Mentres, as cantidades aportadas polos barcos son insuficientes para amortizar unha débeda que ao mesmo tempo impide o acceso ás subvencións públicas.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios