Os traballadores de Calvo Esteiro queren negociar xa as condicións do traslado a Carballo

10:20 06/11/17

Doble votación
Os desacordos entre UGT e CCOO e CIG provocaron que se tivese que votar dúas veces (os pasados martes e venres) se querían que se negociara xa o traslado ou se consideraban que había que defender primeiro o mantemento dos postos de traballo en Esteiro e adiar en todo caso a negociación até o inicio do período de consultas. A resposta dos traballadores foi a seguinte: 48 votos a favor de negociar xa; 40 votos a favor de defender os postos de traballo na comarca e 1 abstención. Dende a CIG aseguran que estarán “a carón das 40 traballadoras/es que co seu voto apostaron por esta alternativa antes de asumir, sen a cuestionar, a proposta da empresa”.Intereses
Teresa Vidal, responsable da CIG, entende “detrás da decisión do Grupo Calvo atópase a pretensión de que as traballadoras acaben por acollerse a baixas incentivadas, porque vai ser moi difícil que soporten as xornadas de traballo máis hora e media de viaxe de ida e outro tanto de volta”. Considera a CIG que o traslado carece de “xustificación económica” sinalando que no “informe técnico do experto “independente” presentado pola empresa non se fai nin unha soa mención ás contas consolidadas do grupo e nin sequera se facilitaron aos representantes das traballadores”. De feito, entenden que a matriz de Calvo ten uns beneficios que se triplicaron durante o curso pasado.Novas relacionadas
- 19-10-17: O PSdG anima á mobilización para manter a planta de Calvo en Esteiro.
- 29-09-17: Calvo anuncia o traslado dos traballadores de Esteiro a Carballo:
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).