Venres. 26.04.2024
El tiempo

Portos recolleu 20.000 kg dos fondos mariños das dársenas de Corme, Camariñas, Fisterra e Muros

Portos recolleu 20.000 kg dos fondos mariños das dársenas de Corme, Camariñas, Fisterra e Muros
Imaxe dunha antiga limpeza de Asoar Armega en Camariñas en 2012

Lembramos con gran recordo aquelas Limpezas das Rías que artellaba a Asoar Armega. Unhas limpezas que ademais servían de inmellorable método de concienciación, non se seguen realizando polos atrancos que as administración lle están poñendo ao voluntarismo, como recoñecía o propio presidente da entidade no último encontro do sector do mar celebrado no Couto.

Pero seguindo esa liña, a Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de facer unha serie de limpezas das dársenas dos portos de Corme (Ponteceso), Camariñas, Fisterra, e Muros. Con medios propios e sen contar cos traballadores de cada zona, Portos pasou por estes enclaves recollendo luxo o lanzado ao mar ou depositado de xeito involuntario pola propia actividade portuaria.

Porto a porto, en Corme recolléronse 3.500 quilos a finais de setembro. En Camariñas recolleron 6.000. En Fisterra, aínda que non poden corroborar os feitos nin dende a propia confraría, foron 3.700kg os recollidos. Ademais, en Muros recolleron 6.500 km, levando dous camións ben cargados e aínda queda un montón por cargar xunto a fabrica vella.

O equipo de traballo estivo formado por 5 mergulladores e como medios mecánicos contouse cun barco con guindastre. Entre os residuos extraídos, destacan obxectos de medianas e grandes dimensións, entre eles nasas, cabos, tamén se recuperaron varias vallas de sinalización e moitos neumáticos propios da actividade pesqueira, como desas cadeas que o propio ente corta de cando en vez.

Di a Xunta que as dársenas xa quedaron limpas, algo que é rotundamente falso, segundo o propio Luís Rodríguez. “Sabemos que se volvemos a limpar 15 días despois de cada limpeza, sacaremos tanto como o outro día, se cadra lixo máis pequeno, pero lixo volves quitar”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios