xoves. 01.05.2025
El tiempo

Requisados 27 quilos de peixe e marisco na ría de Corme e Laxe

Requisados 27 quilos de peixe e marisco na ría de Corme e Laxe
Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron preto de dúas toneladas de peixe e marisco e de 450 útiles de pesca en diversos controis realizados na comunidade nos últimos días. Tamén se aprehenderon de máis de 5.000 metros de aparellos de enmalle. Todos estes controis forman parte dun operativo especial de Semana Santa. A maioría do peixe comisouse na rías de Vigo, Pontevedra, Arousa, Muros-Noia, A Coruña. Ademais na ría de Corme e Laxe os axentes comisaron en distintos operativos 27 quilos de distintas especies e 30 nasas. Estas nasas foron incautadas nunha actuación en Corme debido a que estaban sen identificar e nesta actuación os axentes requisaron ademais nove quilos de polbo e un quilo de distintas especies de peixe.

Novas relacionadas

Artigos para calafatear

Fonte

  • Consellería do Mar.

Comentarios