Un viño que envellece na barrica das bateas do mar de Muros
Se ben xa houbo algunha intentona con Albariño hai anos, e experiencia polo Mediterráneo e mesmo no norte da península , podemos considerar pioneira, ou cando menos, vangardista a proposta que trae á Costa da Morte a
A idea é convertir o mar de Muros nunha bodega submarina, nunha barrica onde envellecer o viño, desenvolvendo así unha crianza de viño nunha batea de mexillón a uns 15 metros de profundidade. Un viño que se chamará, en clave familiar, Punta Minchocas, e que pasará baixo o noso mar arredor dun ano para ver como evoluciona, e coa intención de comercializalo.
Así, a mediados de mes realizarase a inmersión nunha das bateas de mexillón de Muros, en San Pedro, gracias á colaboración do bateeiro José Ramón Lado Lago. Serán sumerxidas 200 botelas de godello, 25 botellas do Mencía do ano, e 25 dun mencía especial. A inmersión terá que ser a unha profundidade que non pase dos 17-18 metros, pois a partir de aí os activos polbos son quen de meter os corchos para dentro e botar a colleita “pola borda”. Ademais, a partir desa profundidade. as botellas sofre moita presión.
Faranse catas controladas cada 3 meses para estudar a evolución do viño, facéndose estudos por presión, temperatura e escuridade.
A intención é comercializar o godello, sendo aquí si, unha iniciativa completamente pioneira. Cren que o branco godello vai mellorar, pero co tinto aínda están en probas. En todo caso, a Adega está pendentes do “Ok” da Denominación de Orixe, que ten que controlar todo o proceso. De feito, pequenos detalles como a etiqueta (as D.O. esixen que saia etiquetado dende a bodega) son cousas a ter moi en conta.
Estaremos atentos á “botadura” e Emilio daranos conta da evolución deses viños!
Novas relacionadas
- Emilio Calo volve competir contra a nova fornada de cortadores de xamón:
- En Carnota tamén se corta, de dez, xamón.
- Pedro Sestayo: “A Costa da Morte está totalmente olvidada en formación hostaleira”.
- Os sumilleres elixen a Costa da Morte para a cata final das Distincións Gallaecia.
Máis novas
- Os mellores GinTonic da península, de Carnota.
- A milla de ouro dos tiradores de cervexa de Galicia está na Costa da Morte.
- Que foi de Aldea Madeira? Pola formación hostaleira na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).