Venres. 26.04.2024
El tiempo

Unha balea común visita a uns pescadores de Laxe

Unha balea común visita a uns pescadores de Laxe

Impresionante o avistamento que veñen de disfrutar varios pescadores de Laxe a pasada mañá de domingo 14 de xullo. A bordo do Fibramar 600, e de camiño para proceder a unha xornada de pesca de atún, Dani Carracedo (de Astilleros Fibramar, en Laxe) e compañía gozaron da visita dunha balea a varias millas da costa de Laxe.

Segundo Alfredo López, da Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños (CEMMA), “parece unha balea común” (Balaenoptera physalus).

Dani Carracedo recoñece que “para nós é bastante común velas a unhas 20 millas da costa”. De feito, esta é a primeira que vén este ano, pero tamén é a primeira saída da temporada. Adoitan ir buscando augas cálidas, onde hai correntes de ata 20º, por onde pasan os atúns que baixan do Cantábrico e está cheo de baleas, caldeiróns, orcas...

De feito, Alfredo recoñece que “20 millas é moi lonnxe da costa, case no cantil. Polo que territorio xa falamos da nación balea durante o verán e outono”.

Pola zona, lembramos a balea azul que pescadores da ría de Muros “cazaron” en setembro do ano pasado, provocado, segundo nos contaban os expertos polo afloramento de nutrintes.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/bruno-diaz-un-afloramento-de-nutrintres-fixo-que-a-balea-azul-se-detivese-en-muros-dentro-da-sua-ruta-migratoria/ https://quepasanacosta.gal/a-ria-de-muros-testemuna-do-primeiro-avistamento-da-historia-dunha-balea-azul-preto-da-costa-galega/

Novas relacionadas

Máis novas de fauna mariña

Novas da serie De Re Naturae

Máis vídeos naturais

Outras novas de fotografía nocturna

Máis vídeos aéreos

Fonte

Comentarios