Venres. 26.04.2024
El tiempo

Unha homenaxe, en papel, ás mariscadoras da Ría de Muros e Noia

Unha homenaxe, en papel, ás mariscadoras da Ría de Muros e Noia
Mariscadoras da ria de Muros e Noia na presentacion do libro de Concepcion Sande-Foto-Xose Sendon Mariscadoras da ría de Muros e Noia na presentacion do libro de Concepcion Sande-Foto-Xose Sendon

Xa teñen libro as mariscadoras da ría de Muros e Noia. Gracias á historiadora muradá de Abelleira, Concepción Sande Noya, as traballadoras do mar convertíronse en protagonistas da publicación “Mariscadoras e campesiñas na ría de Muros”, editado polo GALP.

Presentacion do libro de Concepcion Sande na Fabrica de Sel-Foto-Xose Sendon Presentación do libro de Concepción Sande na Fábrica de Sel-Foto-Xosé Sendón libro mariscadoras muros e noia de concepcion sande

Este pasado luns a Fábrica de Sel acollía a presentación do libro, que servía ademais de homenaxeno Día Internacional das Mulleres Rurais.

Sande falou en clave persoal, contando a súa propia experiencia cando tivo que botarse ao mar despois de rematar a carreira de Xeografía e Historia. A escritora leva case 10 anos traballando no libro, falando e falando coas verdadeiras protagonistas, aquelas señoras que percorrían quilómetros en autoestop para poder ir faenar e levar algo que comer na mesa.

A presentación serviu, ademais de engrandecer o mito simbólico da imaxe destas bravas mulleres de mar, para corroborar a importancia social e económica na sociedade litoral galega ao longo do último século.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/as-mariscadoras-da-ria-de-muros-xa-tenen-libro/ https://quepasanacosta.gal/as-mariscadoras-de-fernando-rei-faenan-en-stoupa/ https://quepasanacosta.gal/mariscadoras-da-ria-de-muros-e-noia-animan-as-de-corcubion-e-fisterra-a-tecer-redes-conxuntamente/

Comentarios