Venres. 19.04.2024
El tiempo

Unha manifestación por mar contra a pesca do arrastre

Unha manifestación por mar contra a pesca do arrastre
Manifestación marítima dos barcos de baixura da Costa da Morte contra o arrastre Manifestación marítima dos barcos de baixura da Costa da Morte contra o arrastre Coma se do Carme se tratase, pero en clave de loita, medio centenar de embarcacións costeiras lanzáronse ao mar o pasado sábado 25 de xullo. Volveu ser a Confraría de Corcubión a convocante, como nas últimas mobilizacións, pero os barcos partiron do porto de Fisterra, a vila que mellor representa esta loita entre a pesca artesanal e o mundo globalizado. Desta volta, a manifestación marítima levaba un claro contido de ataque á pesca de arrastre, a gran competidora da pesca de baixura. O lema deixábao claro: “O mar é patrimonio de todos. Non permitamos que uns poucos o destrúan”. Piden maior control ao arrastre dos organismos pertinentes para conseguir unha pesca moito máis sostible que evite que se destrúan os recursos mariños, e que permitan a subsistencia da pesca artesanal e de baixura. Unha pesca de baixura da que lamentan que estea tan “castigada e discriminada”, a pesar de que protexe o seu medio de vida, en contraposición co trabalo do arrastre, ao que acusan de “seguir destruíndo os ecosistemas mariños e agotando o recurso natural”. De Fisterrra ata Corcubión, pasando por Langosteira, Sardiñeiro ou Estorde, foron barcos de Corcubión e Sardiñeiro os máis numerosos, pero houbo tamén moitos de Fisterra. Os que non puideron chegar por mor do tempo foron da zona de Muxía, Camariñas e Laxe, tamén implicados nesta loita. Manifestacion maritima dos barcos de baixura da Costa da Morte contra o arrastre 2 Os barcos de baixura contra o arrastre Manifestacion maritima dos barcos de baixura da Costa da Morte contra o arrastre 3

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios