Unha mesa de especialistas para reflexionar eticamente sobre a Contaminación orgánica do mar

10:54 16/01/18

Obxectivos
Como explica Xosé Manuel Barros, alma da entidade organizadora, o obxectivo desta reunión é poñer enriba da mesa unha das agresións máis aberrantes que sofre o mar dende o punto de vista ético e medio ambiental : Os verquidos de augas residuais sen tratar ou deficientemente tratadas, tanto desde terra coma desde os barcos. Na altura do tempo no que vivimos, cando existen os recursos técnicos e lexislativos para a súa prevención e control, a contaminación orgánica do mar é un crime contra a natureza e contra nós mesmos. Estamos a someter o medio mariño a un proceso de degradación infame, resultado dunha cultura de masas basada no distracción permanente, na compra e no consumo, que fomenta o individualismo e deixa de lado a limpeza e conservación dos espazos comúns, daquelo que é de todos nós. Focalizando o problema da contaminación orgánica do mar a nivel galego, no amplio anaco das augas que bañan o litoral de Galicia, a ameaza ven materializada desde dúas fontes de contaminación que corren paralelas: - Por unha banda, os verquidos de augas residuais sen tratar ou deficientemente tratadas procedentes das concentracións urbanas na costa atlántica. - E por outra, o Corredor Marítimos de Fisterra, faixa mariña que discurre a 21,7 millas de nós e polo que navegan máis de 40.000 buques ao ano, entre eles centos de buques cruceiros con milleiros de turistas a bordo. De acordo coa lexislación marítima internacional, todos estos buques poden descargar legalmente no mar as súas augas residuais, sen depurar, máis aló das 12 millas da costa. Trataremos pois de respostar a preguntas coma estas:- Cómo afectan estos contínuos aportes de materia orgánica á saúde das augas costeiras de Galicia?
- Coas repetidas prohibicións de baño nas praias cada verán, qué riscos teñen para a saúde humana?
- Non terán algo que ver estos excesos de nutrientes co fenómeno da eutrofización das augas costeiras e a proliferación de algas mariñas?
- Partindo de que as mareas vemellas teñen unha orixe natural, non terán influencia na súa aparición, cada vez máis frecuente, nas nosas rías?
- É que hai hoxe en día algún proceso natural que non sofra a influencia humana?
- Se fixéramos por contaminar menos, por atallar os problemas na súa orixe, coa vontade política e cos medios técnicos que hoxe en día existen, non melloraría o rendemento das explotacións marisqueiras?
Novas relacionadas
- A contaminación orgánica do mar.
- I Encontro do Lixo Mariño: “Antes os bichos raros eramos os que non tirábamos lixo ao mar. Agora os bichos raros son os que contaminan”.
- O Pindo sae á rúa esixindo unha solución ao saneamento
Outros artigos de Xosé Manuel Barro
- A contaminación orgánica do mar.
- Que ocorre cando tiras da cadea nun cruceiro?.
- Afloramento de algas mariñas. Canarias vs Galicia.
- A modo de brincadeira (ou non…).
- Declaración do Couto. A Limpeza do Mar.
- Indo á raíz dos problemas:
- Escala de cruceiros no porto de Brens. Que facer?.
- Porque fumos limpar a Punta Caghada.
- Evaristo e o Corredor de Fisterra.
- Unha verdade incómoda.
Novas de Mar de Fábula
- Sementando nos nosos pequenos unha mensaxe de sensibilidade, respecto e amor pola nosa natureza.
- “Se depositamos os bastonciños nunha papeleira, evitamos que chegue ao mar un dos dez primeiros contaminantes”
- Campaña “A túa casa non queda tan lonxe do mar”: Pequenos cambios, grandes resultados.
- As criaturas caóticas de Mar de Fábula chegan á praia de Ariño
- Mar de Fábula recolle 560 bastonciños de algodón en cen metros de praia
- O impacto ambiental dos bastóns de algodón
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)