Martes. 19.03.2024
El tiempo

Unha Quenlla peregrina achégase ao porto de Malpica

Unha Quenlla peregrina achégase ao porto de Malpica

Se ben é certamente habitual velos cada verán polas praias da contorna (témolos visto pola zona de Fisterra), pero que se acheguen aos nosos portos xa non é tan habitual. Así nolo explica Alfredo López, un dos membros da Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (Cemma), que recoñece este exemplar visto no peirao de Malpica esta pasada noite prosiblemente como un momo, a chamada Quenlla peregrina.

Trátase dun exemplar duns 3-4 metros de lonxitude, pero Alfredo insiste en que non é perigoso. “É un animal filtrador, planctónico e inofensivo, que está catalogado como a segunda especie de peixe meirande do mundo, despois da quenlla balea”. Di isto para que a niguén se lle ocorra tocalo ou mancalo.

Novas relacionadas

Máis novas de fauna mariña

Fonte

Comentarios