Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Volven solicitar a paralización do desguace do Casón

Volven solicitar a paralización do desguace do Casón
Restos do Cason

Xa o pedían en abril, pero o Ministerio de Defensa fixo caso omiso. A Asociación de Veciños “Costa da Morte” volve solicitar a paralización do desguace do Casón, considerando que nos case 30 anos que xa pasaron dende o afundimento, “os restos do barco convertéronse nun biotopo consolidado que alberga multitude de especies, contribuíndo á biodiversidade e á riqueza ictiológica desta costa”.

Onte comezou a traballar a embarcación Vidal 4, da adxudicataria empresa carballesa Desguaces Lema S.L procedendo á recuperación da chatarra do buque, nunha zona de 600 m2, preto de punta do Castelo, no extremo Sur da praia de Rostro, en Fisterra. A última hora da tarde achegábase ao porto de Brens para descargar o material "roubado".

Unha medida a convocar un concurso para o seu desguace, mediante a cal o Ministerio de Defensa quere sacar rédito económico coa venda dos materiais metálicos.

Os veciños costeiros, así como o grupo de En Marea consideran que o lugar onde están os restos do CASON está protexido pola Rede Natura 2000, e que ademais xa son patrimonio cultural sumerxido da Costa da Morte, aínda que legalmente non poda ser declarado así pola Unesco ata que se cumpran os 100 anos do afundimento do mesmo.

Especialistas no asunto como é a familia de Buceo Finisterre considera "unha vergonza que os restos dun barco que forman parte da historia de Fisterra e o cal agora forma un biotopo, váiano a desguazar por intereses económicos e que a armada sexa quen venda o metal e se leve unha parte desa venda".
Explican que "outros países afunden barcos para facer arrecifes artificiais ou para o turismo de buceo, así é o caso de Portugal que afundiu dous fragatas fai dous anos".

- Máis información: pliego de prescipcións técnicas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios