Luns. 07.10.2024
El tiempo

2000 racións de tradición gastronómica na Festa do Bolo do Pote de Mazaricos

2000 racións de tradición gastronómica na Festa do Bolo do Pote de Mazaricos
Exito rotundo a Festa do Bolo do Pote de Mazaricos 2016 Éxito rotundo a Festa do Bolo do Pote de Mazaricos 2016 Unhas 2000 racións servidas na carpa do Campo da Feira da Picota dan conta da potencia desta auténtica festa gastronómica costeira. Facíase maior de idade, cumpría 18 anos a Festa do Bolo do Pote que organiza o Concello de Mazaricos, coa colaboración da asociación Amas de Casa e da A.VV. “Monte Picoto”. E cada ano a cousa mellora. 2000 racions do Bolo do Pote de Mazaricos que sustituian ao pan de broa 2000 racións do Bolo do Pote de Mazaricos Foi unha fin de semana completa, sendo o domingo o día forte. Dende pola mañá, as potas estiveron ao lume e a xente trabalando arreo. Cómpre destacar o traballo das Amas de Casa dándolle vida a ese manxar, este prato tradicional que antigamente sustituía o pan e a broa. As máis veteranas xa viñero estaban dende o sábado ás 15:00 da tarde a preparar e cocer a carne, até as 20:00 da noite. E o domingo, dende as 8:00h amasando e amasando para facer os bolos. [fbvideo link="https://www.facebook.com/488673134545695/videos/963835107029493/" width="660" height="400" onlyvideo="1"] A carpa do Bolo do Pote estaba chea A carpa do Bolo do Pote estaba chea A carpa estaba chea dende o mediodía, ca banda de gaitas amenizando e os asistentes, ben comedoriños, degustaron 2000 racións do Bolo do Pote. Pero ollo, só eran os pinchos, pois despois a xente foi xantar aos establecimentos hostaleiros, claves tamén no éxito da festa. Non daban feito os restaurantes ca avalancha de comensais. Houbo tamén orquestra, e abaixo no recinto feiral disfrutaron coa carreiras de burros, a de cabalos e tamén ca andaina, cos Cabaleiros da Fervenza como anfitrións. Os Cabaleiros da Fervenza sairon na Festa do Bolo do Poete 2016 Os Cabaleiros da Fervenza sairon na Festa do Bolo do Poete 2016 Dende Mazaricos valoran a cita como de éxito rotundo. E recordan aquela primeira vez na que un bravo grupo de hostaleiros e as amas de casa atrevéronse a organizar unha festa gastronómica con este curioso prato como protagonista. Foi nun garaxe pequeniño, e hoxe en día xa son todas unhas profesionais e faise todo na carpa. Festa laboriosa pero con éxito asegurado. As amas de Casa de Mazaricos amasando o Bolo do Pote As amas de Casa de Mazaricos amasando o Bolo do Pote Carreira de Burros na Festa do Bolo do Pote de Mazaricos.jpg 2 Carreira de Burros na Festa do Bolo do Pote de Mazaricos.jpg Carreira de Burros na Festa do Bolo do Pote de Mazaricos   Novas relacionadas Fonte

Comentarios