Xoves. 04.06.2020
El tiempo

5 empresas de Mazaricos únense para regalar 20 estancias aos traballadores esenciais cando todo remate

5 empresas de Mazaricos únense para regalar 20 estancias aos traballadores esenciais cando todo remate

Cando todo isto remate… Pois toca comezar a pensar no futuro, como xa fixeron varios empresarios do sector turístico de Mazaricos. Nunha videoconferencia tiveron a idea de aportar o seu grao de area, convertido nunha serie de paquetes turísticos para pasar uns días divertidos pola terra da MZ cando sexa posible.

Farano a través dun sorteo nas redes (xestionado a través da páxina de FB Naturmaz Viajes), no que só poderán participar traballadores considerados esenciais no estado de alarma. Sorten nada menos que 20 estancias de 2 noites (en Casa Jurjo, Apartamentos Camino de Finisterre e Casa Rural Enaldea) con almorzo e a actividade multiaventura a elexir no Centro de Turismo Activo Naturmaz (voo en ultralixeiro, a tirolina máis longa de Galicia, ruta en kayak).

Deste xeito, as 5 empresas queren agradecer a todas esas persoas na primeira liña de batalla.

Como participar

Haberá que seguir á páxina “Naturmaz Viajes”, darlle a “gústame” e compartir esta publicacióne e cubrir un cuestionario, antes do 8 de maio.

comentarios