Luns. 29.04.2024
El tiempo

55 nen@s disfrutaron do VI Campus de Fútbol de Mazaricos

Campus Futbol Mazaricos 2023 2
55 nen@s disfrutaron do VI Campus de Fútbol de Mazaricos

O VI Campus de Mazaricos rematou onte coa entrega de diplomas acreditativos ás nenas e nenos participantes. Un total de 55 rapaces tomaron parte este ano nunha actividade que se estendeu durante dúas semanas. O último día da actividade comezou cunha visita do alcalde, Juan Blanco, quen valorou moi positivamente unha nova edición “dun Campus onde as nenas e nenos de Mazaricos aprenden a xogar ao fútbol pero tamén aprenden os valores da deportividade e o compañeirismo, e desfrutan xuntos dun anaco das vacacións”.

Durante esta sexta edición do Campus, as nenas e nenos participantes practicaron fútbol, asistiron a explicacións teóricas e de divulgación de valores deportivos e mesmo visitaron as instalacións da SD Compostela en Santiago, onde foron recibidos por xogadores do equipo. Tamén tiveron unha saída en grupo á praia de Broña, en Outes.

Campus Futbol Mazaricos 2023 5

Campus Futbol Mazaricos 2023

Campus Futbol Mazaricos 20233

Campus Futbol Mazaricos 2023 4

Comentarios