Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A competición cabalar volve a Mazaricos

A competición cabalar volve a Mazaricos
Volven os cabalos a Mazaricos Raid Ecuestre Mazaricos Outubro 2018 Este sábado, 6 de outubro, ás nove da mañá os xinetes volverán percorrer os camiños de Mazaricos. A terceira edición do Raid Ecuestre volve ao Concello. De novo as persoas curiosas poderán achegarse ao multiusos da Picota a contemplar o uso da auga e as masaxes dispensadas aos equinos para rebaixar as súas pulsacións. A proba puntúa para a Copa Federación Hípica Galega. O raid ecuestre é unha disciplina na cal se pon a proba a velocidade, habilidade e a resistencia física e psicolóxica de cabalo e xinete, xa que ambos deben percorrer grandes distancias nun día, a través dos máis diversos terreos e contra o tempo. Para o anterior o xinete debe ter a capacidade de dosificar o esforzo do seu cabalo e levar un ritmo adecuado durante a proba, ao finalizar unha carreira ao cabalo tómanselle as pulsacións e se están sobre o permitido, o xinete é eliminado.

Comentarios