Domingo. 13.10.2024
El tiempo

A Deputación financia o servizo de socorrismo das piscinas de Mazaricos, Santa Comba, Vimianzo e Zas

A Deputación financia o servizo de socorrismo das piscinas de Mazaricos, Santa Comba, Vimianzo e Zas
As achegas oscilan entre os 5500 e os 6500 euros As achegas oscilan entre os 5500 e os 6500 euros Catro concellos da bisbarra - Mazaricos, Santa Comba, Vimianzo e Zas - recibirán un total de 24000 da Deputación da Coruña destinados a financiar a contratación de socorristas nas piscinas municipais de cara a vindeira época estival. En total, o ente provincial destina 237.407,35 euros repartidos entre 43 concellos da provincia coruñesa que contan con menos de 50.000 habitantes. O Boletín Oficial da Provincia - BOP - publicou o importe concedido a cada un dos municipios solicitantes, con achegas económicas que oscilan entre os 4000 e os 6500 euros por concello, e que se destinarán á contratación de socorristas durante a tempada estival por un periodo máximo de tres meses. Os criterios de baremación deste programa foron a superficie total das piscinas municipais - ata 70 puntos - e a poboación do concello - ata 30 puntos -. Subvencións provisionais concecidadas:
  • Mazaricos: 5500€
  • Santa Comba: 6000€
  • Vimianzo: 6000€
  • Zas: 6500€
Novas relacionadas Fonte

Comentarios