Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A Federación de Anpas pecha a súa 1º liga de Xadrez

A Federación de Anpas pecha a súa 1º liga de Xadrez
liga-xadrez-anpas A última xornada da liga celebrouse o pasado sábado en Mazaricos O pasado sábado clausurouse en Mazaricos a 1ª liga de Xadrez organizada pola Federación Provincial de ANPAs da Coruña - Costa da Morte. Esteban Pereiro - concelleiro de Educación, Cultura e Deportes en Mazaricos - foi o encargado de entregar os diplomas e as medallas a todos os nenos e nenas que participaron nesta liga non competitiva. Poñíase así fin a esta liga que xa se disputou en xornadas anteriores en Ponceso e Carballo. "A implicación e apoio das familias, dos concellos  de Ponteceso, Carballo, Cabana e Mazaricos e dos clubs Cabo Touriñán, O Toque Xiria e Arteixo foi fundamental para que esta actividade se desenvolvese satisfactoriamente e cunha participación masiva" indican dende a organización, quen tamén agradece a colaboración de Feiraco coa entrega de productos que se distribuiron nas xornadas de xogo.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios