A renovación da rede de saneamento elimina 7 puntos de vertidos en Mazaricos
Anuncia hoxe a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, que vén de poñer fin a sete puntos de vertido contaminantes rexistrados no Concello de Mazaricos, concretamente nos lugares de A Manda, Atán, Pino do Val (2) e As Espigas (3).
Os puntos de vertido, procedentes das redes de saneamento de tipo unitario para o desaloxo de augas pluviais que carecían de depuración final, foron detectados polo persoal pertencente ao servizo de inspección do Plan de Control de Vertidos (PCV). Unha vez verificada a natureza contaminante das achegas déuselle traslado ao Concello da existencia dos mesmos, requiríndolles que se adoptaran as medidas oportunas para a súa eliminación.
Para a emenda destas verteduras, o concello de Mazaricos procedeu a adquisición e instalación de sete sistemas de depuración para o tratamento das augas residuais vertidas a través dos 7 puntos nos que se detectaron estes aportes.
Novas relacionadas
Fonte
- Xunta.