A Semana Gandeira uniu a todo Mazaricos
Todo o pobo de Mazaricos únese na Semana Gandeira, esa cita que pasa por ser a fin de semana máis importante do ano do Concello de Mazaricos. A Poxa de Xovencas, todo un reclamo ao longo da provincia, as Xornadas Técnicas, e as actividades sociais que arman as asociacións, convirten a cita na fusión que une Mazaricos.
É complicado facer unha valoración da xente que moven estas xornadas, porque a xente entra e sae, deixando ademais encantados a todos os establecimentos hostaleiros da volta. Pero dende Mazaricos apuntan que durante tota a fin de semana puideron pasar máis de 2.000 persoas polo Recinto Feiral da Picota.
Ademais, houbo representación institucional, coa presencia da Conselleira, do presidente de Feiraco, ou de representantes políticos como Ana Pontón ou Mini, do BNG.
Poxa de Xovencas de Raza Frisona
A vaca de Curtis a mais cara da Poxa de Xovencas de MazaricosEspecial interese ten no sector gandeiro, e para o público en xeral, a Poxa de Xovencas de Raza Frisona, que ademais cumplía 10 anos. Os mellores animais da provincia danse cita no Recinto, e desta volta as cifras avalan a relevancia deste evento. Subastáronse 18 animais procedentes de 12 explotacións. E vendéronse todas por precios que oscilaron entre os 1.700 e os 2.550 euros (un prezo medio de 1,997). Un valor total das transacións de 35.950 euros.
A máis cara foi un lote da gandeiría Sat. A Campa, de Curtis, por 2.550€, un animal excelente froito de trasplante de embrións, unha técnica de mellora xenética punteira. Ademais, a vaca máis valorada foi a parar a Gandería Míguez de Silleiro en Oroso, repetindo o premio dos últimos anos.
Xornadas Técnicas
A presencia de gandeiros de Lugo, Pontevedra… demostra o interese das Xornadas Técnicas que se desenvolveron o sábado. TPrecisamente falouse da punteira técnica de transplante de embrións, ademais de psicoloxía ou financiamento. A presentación do libro fotodocumental “El ordeño, lo que es”, de Xosé Luís Míguez, tamén cupou a atencións dos asistentes.
Citas sociais
Foi a xente de Eu son Mazaricos, en directa colaboración con concello, os encargados de artellar as citas máis sociais, para o público en xeral. Os nenos foron uns dos protagonistas, tanto muxindo á Mazarica, participando nos talleres de manualidades (facendo chapas personalizadas cos membrois de APEM e posavasos cos de ADISBISMUR), así como aprendendo a cociña coa bravísima Ana Oca, no showcooking da pequena Masterchef Junior ceense.
Showcooking de Ana Oca en Mazaricos Pequenos chefs mazaricáns Facendo posavasos con AdisbismurO Concurso de fotografía foi todo un éxito. Presentáronse 60 fotos e a cita serviu para entregar os premios.
Entrega de premios do concurso de fotos, do que falaremos mañá en QPCMoi boa acollida o Concurso de sobremesas lácteas, que gañou unha Panna Cotta. Ata 40 sobremesas se presentaron que ser a primeira edición supón un gran aliciente á organización.
Algunhas da sobremesas presentadas ao certame. A primeira, a panacota gañadoraNovas relacionadas
- Semana Gandeira 2016: Mazaricos recupera a vida no rural a base de fotos.
- Semana Gandeira 2016: Mazaricos xa ten data para unha nova Semana Gandeira
- Semana Gandeira 2015: MZ: A Gandeiría como forma de identidade.
- Semana Gandeira 2015: “Na semana gandeira de Mazaricos participamos todos”.
- Mazaricos crea a súa Asociación de Gandeiros
- Un concurso de fotografía do máis gandeiro
- Juan José Blanco: “O 90% de Mazaricos depende do sector gandeiro”
Máis novas
- Novembro 2016: A Cooperativa Xallas di non á fusión.
- Outubro 2016: O novo gran Grupo Lácteo Galego?.
- Xuño 2016: Feiraco reelixe ao seu presidente envolto nunha gran polémica.
- Xaneiro 2016: Gandeiros do Xallas cambian “ghaspeadas leiteiras” por “rubias galegas” de carne.
- Decembro 2015: Os gandeiros reparten información entre a cidadanía para explicar a súa grave situación.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).