Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A tradición e a troula mesturáronse na Festa do Bolo do Pote de Mazaricos

A tradición e a troula mesturáronse na Festa do Bolo do Pote de Mazaricos
As Amas de Casa de Mazaricos na Festa do Bolo do Pote 2016 As Amas de Casa de Mazaricos traballaron arreo na Festa do Bolo do Pote 2016

Menuda xornada festiva a que vivíu Mazaricos este pasado domingo. Unhas 2.000 persoas achegáronse á Picota para disfrutar desta XIX edición da Festa do Bolo do Pote. Unha edición que viu marcada polo entroido, e que permitiu mesturar a tradición gastronómica do Bolo do Pote, coa tradición e a troula do Entroido.

Quedou pequena a carpa pois como recoñecen a Asociación de Amas de Casa e a Asociación de Veciños Monte Picoto, encargados da degustación desde a primeira edición, sinalan que serviron “máis racións que ningún ano” aínda que, din, “é complicado saber un número exacto”. Espectacular o traballo das Amas de Casa traballando arreo durante varios días para ter centos de racións deste manxar secular a punto para servir.

https://www.facebook.com/amasdecasamazaricos/videos/1260458630700471/ https://www.facebook.com/concello.demazaricos/videos/1373447842712248/

Quedaron contentos tamén os hostaleiros da zona coas súas xornadas gastronómicas. Así, o presidente da Asociación de Hostaleiros, Jorge Jurjo, sinalou que “dos últimos anos este foi o mellor”. Nesta liña engadiu que “nós incluso tivemos que facer varias quendas de comidas”.

O toque festexeiro o puxeron o Exército dos Panos de Arcos fixo o seu último desfile deste ano con música e bailes tradicionais. A única pega púxoa a chuvia, que impediu que a verbena tivese tanto público como en anos anteriores.

https://www.facebook.com/concello.demazaricos/videos/1373453122711720/

Máis imaxes

Unhas 2000 persoas pasaron pola Festa do Bolo do Pote de Mazaricos Unhas 2000 persoas pasaron pola Festa do Bolo do Pote de Mazaricos Amas de Casa na festa do Bolo do Pote de Mazaricos Amas de Casa na festa do Bolo do Pote de Mazaricos Equipo da Festa do BOlo do Pote de Mazaricos 2017 Equipo da Festa do Bolo do Pote de Mazaricos 2017 Tradicion cultural dos Exercito dos Panos no Bolo do Porte de Mazaricos Tradicion cultural dos Exercito dos Panos no Bolo do Porte de Mazaricos

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios