A vaca Mazarica, alcaldesa en funcións polo Día do Leite en bicicleta
Menudo Día do Leite máis especial pasaron os cativos de Mazaricos o pasado venres 1 de xuño. Foi un día completo, que arrincaba cos nenos dos coles mazaricáns facendo unha fantástca ruta en bibicleta, co fin de demostrar que se pode ir a escola dun xeito san, sustentable e respectuoso co medioambiente. Para o alcalde, Juan José Blanco Riveiro “este tipo de actividades son un bo método para que os e as máis pequenas sexan conscientes da importancia de coidar os recursos naturais do lugar no que vivimos e de alternativas para non contaminar o medio”.
Día do Leite en bici en MazaricosO colofón dábase nas depedencias municipais, onde os cativos da Galiña Azul e todos os que quixeron achegarse, puideron disfrutar dunha degustación de produtos lácteos (batidos, queixos…) Pero a gran protagonista era a Vaca Mazarica, que fixo de alcaldesa en funcións por un día.