Venres. 26.04.2024
El tiempo

O aeródromo de Mazaricos abre as súas portas

Aerodromo Naturmaz Mazaricos
O aeródromo de Mazaricos abre as súas portas

Este sábado 23 de xullo, o complexo Naturmaz abre as súas portas para ensinar ao mundo a espectaculariedade da aviación deportiva. Será a partir das 12 nas instalacións da firma. Haberá actuación musical e, ademais, as persoas interesadas, como turoperadores, medios ou axencias, poderán coñecer o complexo de aloxamento que a marca vai abrir Air Fervenza Alto Standing con temática aeronáutica.

O complexo de aloxamento Air Fervenza é o primeiro de alto standing e temática aeronáutica da península. As persoas que se aloxen alí terán a sensación de estar nun hangar de avións. Están construídos nos mellores materais, con vistas imbatibles ao encoro da Fervenza e jacuzzi. Abrirá as súas portas nas vindeiras semanas. 

complexo de aloxamento Air Fervenza Cabanas
Complexo de aloxamento Air Fervenza

Á xornada de portas abertas chegarán, voando, para aterrar e despegar na pista de Naturmaz a Escola de Pilotos Aeroflota del Noroeste, o Aeroclub de Santiago, o Aeroclub da Coruña, Aero Lemos, o Club de voo de Cambre, Pilotos cerval,  e o Aeródromo de Caldas Campañó. 

Aeroporto Naturmaz Mazaricos

Comentarios