Alcalde de Mazaricos: “Non entendo que activen os prazos dos parques eólicos en estado de alarma se non podemos informar aos veciños”
Continuamos nos #DirectosQPC coa rolda de alcaldes e alcaldesas que facemos cada martes e xoves percorrendo a bisbarra, falando en clave de futuro inmediato, preguntando aos nosos rexedores como un concello pequeno pode axudar a saír desta crise económica deriva da pandemia.
Temos pasado por Santa Comba, Camariñas e Vimianzo, e hoxe facemos parada en Mazaricos, para falar co seu alcalde, Xoan Blanco. O alcalde nacionalista debullou como se xestionou a crise, e tamén se queixou da falta de información que teñen, aínda a día de hoxe, as administracións máis cercanas á veciñanza.
Sector Gandeiro
Blanco falou, como non podía ser doutro xeito, da situación do sector gandeiro, que se ben non está acusando, polo de agora, a crise, si que ten moito medo da baixada de consumo que pode darse coa crise económica que se nos vén enriba.
Comercio local e hostalería
Sobre as medidas que pode tomar o Concello para paliar a crise, asegurou que “Mazaricos apenas ten taxas, así que poucas medidas podemos tomar máis que axudar ás iniciativas que nos presente as entidades privadas. Os Concellos non imos salvar o sector privado, pero si podemos apoiar as súas iniciativas”.
Oposición
Blanco recoñeceu que a relación coa oposición, nomeadamente co PSOE; está sendo máis crispada dende o comezo do estado da alarma. Asegura que ten as portas sempre abertas para falar co grupo socialista”, e critica que “a desinformación polas redes non axuda”.
Eólicos
Blanco amosou o seu compromiso contra os abusos das eólicas a pesar de poder ingresos municipais.
Ademais de criticar á Xunta porque “os Concellos cobramos 0 do canon hidraulico” (os encoros) e (só o 50% do canon eólico”, Blanco recoñeceu que o proxecto de Sancosmeiro e Alvite está en proceso de participación cidadá (que non de alegacións) e o Concello si que está preparando un escrito para presentar alegacións.
Criticou gravemente que “se activen os prazos para todos eses parques eólicos que estaban esperando en pleno estado de alarma cando eu non podo informar aos veciños das afectacións reais.”
Anunciou ademais que o Parque da Ruña II ten un contencioso-administrativo admitido a trámite, porque a zona afectada foi incendiada en 2006, 2008 e 2009.
Rolda de alcaldes e alcaldesas nos DirectosQPC
- Mónica Rodríguez nos #DirectosQPC: “Toca escoitar, analizar e despois facer propostas para reactivar a economía”.
- A alcaldesa Sandra Insua debulla a actualidade de Camariñas nos #DirectosQPC.
- David Barbeira: "Imos ir máis alá de dar 1.000€ aos autónomos. Iso vale moito pero non é suficiente”.
Outros DirectosQPC
- O "contedor cultural" de Baio celebrou a súa Semana Cultural nos #DirectosQPC.
- Patricia Vaquero pon en valor a análise da crise co coronavirus dende a perspectiva de xénero nos #DirectosQPC.
- Falando de orientación universitario coa comunidade educativa de Baio.
- Baio celebra na rede a súa Festa dos 100 anos.
- Noelia Siaba cóntanos como se vive a pandemia en NYC.
- Alicia Barreiro e Silvia Penide unen os sectores sanitario e cultural para lanzar unha mensaxe de esperanza.