Venres. 26.04.2024
El tiempo

As últimas novidades da maquinaria agrícola citáronse en Mazaricos

As últimas novidades da maquinaria agrícola citáronse en Mazaricos
xumagra-mazaricos Unha gran cantidade de maquinaria agrícola concentrouse esta fin de semana nos exteriores do multiusos da Picota Máis dun millar de persoas pasaron a pasada fin de semana pola Xuntanza de Maquinaria Agrícola de Mazaricos  - XUMAGRA -. Un dos puntos de maior atracción foron os trinta expositores que levaron o máis moderno da maquinaria agrícola ao multiusos da Picota. Pese á variedade da oferta, os modelos que máis éxito colleitaron foron os grandes tractores de Class, Fendt e Deutz- Fahr con 300 cabalos de potencia e equipados con todas as novas tecnoloxías asociadas á comodidade do agricultor. Espertou de xeito particular a curiosidade dos asistentes un tractor Deutz do ano 1942 que un dos expositores levou. Xumagra tamén acolleu unha exposición de vehículos novos e de ocasión de varios concesionarios da bisbarra. Ao rematar, xusto enfronte, unha pulpeira despachou comida a todas as persoas que decidiron rematar alí a súa xornada de maquinaria agrícola. /media/quepasanacosta/images/2017/07/10/xumagra-mazaricos2.jpg Máis dun millar de persoas visitaron esta fin de semana a primeira xuntanza de maquinaria agrícola de Mazaricos “Esta primeira edición de Xumagra é o primeiro chanzo para continuar a remarcar a vocación agrícola do noso municipio. Tamén é unha maneira de complementar a convocatoria da semana Gandeira”; sinalou o alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco Riveiro. Pola súa banda, o presidente de Gandeiros de Mazaricos, Óscar Blanco, tamén organizadores do evento, dixo sentirse “satisfeito” e “convencido de que haberá outra edición” Novas relacionadas Fonte

Comentarios