Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O BNG propón en Mazaricos cambiar o modelo eólico de Galicia

ANA PONTÓN_bng_eólicos_4 de maio en Mazaricos
O BNG en Mazaricos
O BNG propón en Mazaricos cambiar o modelo eólico de Galicia

O novo impulso eólico propón, só na Costa da Morte, 39 novos proxectos eólicos. Un impulso ao que poucos concellos poñen traballas, como si fai o de Mazaricos, que conseguiu paralizar o PE A Ruña II.

De aí que a voceira nacional do BNG, Ana Pontón, escollese a MZ para denunciar “a febre eólica co amparo do PP” cunha “avalancha brutal” de proxectos e facer ver a “gran contestación social a proxectos que buscan o espolio dos recursos en beneficio das eléctricas”.

O BNG propón aplicar medidas como “o canón eólico en función da potencia instalada, maior participación dos concellos e total transparencia para xs propietarixs”.

Enerxía pública

Entre esas propostas, considera que sería moi positivo “declarar ben público a enerxía como sector prioritario da economía, crear unha empresa pública de enerxía, que garanta un retorno dos beneficios para os galegas e os galegos”, e “establecer como obrigatorio para desenvolver proxectos eólicos contratar a construción e subministro de compoñentes con empresas radicadas en Galiza”. E desde logo, “repercutir a riqueza eléctrica de Galiza nas familias e nas empresas abaratando a factura da luz cunha tarifa eléctrica galega”.

Novas sobre eólicos

Comentarios