Xoves. 03.10.2024
El tiempo

O bosque de Santa Locaia, tamén ameazado polos eólicos

Bosque Santa Locaia ameazado polos eolicos
Fonte: ADEGA
O bosque de Santa Locaia, tamén ameazado polos eólicos

Continuamos vendo como a recuperación de ducias de proxectos eólicos durante o estado de alarma que levaban 10 anos no caixón, vai afectar directamente ao noso patrimonio natural.

Desta volta é ADEGA a que denuncia que o parque eólico "Banzas" e a liña de evacuación eléctrica asociada van alterar O bosque de Santa Locaia, en Mazaricos e Outes, “un dos redutos de bosque atlántico húmido mellorconservados do país, con presenza de especies moi raras, ameazadas e en perigo de extinción”.

Mentres o Concello segue realizando xestións para a protección da carballeira, así como a de Devesa do Anllares, son dous os parques eólicos, promovidos por Green Capital Power, os que ameazan esta contorna.

Dous, ou un. Como xa vimos coñecendo a través das denuncias de entidades conservacionistas noutros mega proxectos como o de Bustelo, Campelo e O Toural, a Xunta permite, nunha auténtica ˝fraude”, a “tramitación frgamentada” dun proxecto en varios pequenos para salvar así as esixencias medioambientais. Neste caso, para ADEGA, en realidade os PE “Banzas” e PE “Maragouto” (que tamén ameaza as brañas da Serra) son o mesmo Parque, comparte infraestruturas, entre elas unha única liña de evacuación eléctrica conxunta, sendo as tres infraestruturas promovidas pola mesma empresa.

”Esta liña eléctrica forma parte indisoluble destes proxectos eólicos e os seus impactos deberían avaliarse conxuntamente como establece varia xurisprudencia, por exemplo a recente sentenza do TSXG (Tribunal Superior de Xustiza de Galiza) 00254/2020 de 9 de novembro de 2020, ou a STS (Tribunal Supremo) 1390/2017 do 30 de marzo do 2017”, explica a entidade.

Fóra da Rede Natura 2000

No estudo de impacto do PE "Banzas" non se avalían as afeccións tanto dos aeroxeradores, pistas de acceso e transformadores, como da liña de evacuación eléctrica sobre a Devesa ou Carballeira de Santa Locaia, espazo que alberga 4 especies de Pteridophyta consideradas vulnerábeis polo Catálogo Galego de Especies Ameazadas e outras 2 de liques coa categoría de “en perigo de extinción” no dito CGEA. Estas 6 especies de flora protexida son: Dryopteris guanchica, Dryopteris aemula, Woodwardia radicans, Hymenophyllum tubrigense, Leptogium cochleatum e Pseudocyphellaria aurata.

ADEGA lembra que en 2008 a Xunta propixera esta área como nova ZEC (Zona de Especial Conservación) da "Devesa de Chacín" integrada na proposta de ampliación a RN2000. “Esta proposta de ampliación foi desbotada polo PP logo da súa chegada á Xunta, presentando outra máis cativa en 2011 que nen sequera se chegou a aprobar”.

Novas relacionadas

Novas sobre os eólicos

Comentarios