Xoves. 28.05.2020
El tiempo

Brandomil fai Camiño tamén por Mazaricos

Brandomil fai Camiño tamén por Mazaricos
2 etapa do Camino Santiago-Muxia por Brandomil Vecinos-peregrinos da etapa do Camiño Santiago-Muxía por Brandomil

Segue collendo músculo esta proposta de varias asociacións da zona de recuperar o Camiño de Santiago-Muxía pasando por Brandomil. Entidades como Asociación Grandimirum de Brandomil, coloboración da Baña, Asociación San Luis da Pareira e Asociación de San Cosme de Antes, están organizando xa unha nova edición do camiño por etapas para que a veciñanza coñeza de primeira man a proposta, ao tempo que están pedindo o apoio dos Concellos.

O último en aprobar a moción de apoio a esta iniciativa de recuperación deste camiño histórico foi o Concello de Mazaricos. Con maioría absoluta a MZ tamén dá un paso máis nesta loita.

Mentres, o pasado sábado, uns 50 veciños-peregrinos, co apoio directo do alcalde zaseiro, Manuel Muíño, levaron a cabo a segunda etapa do Camiño Santiago-Muxía, pasando por Brandomil. A saída da mesma foi do campo da feira de Negreira, pasando polos concellos de Negreira, A Baña, Santa Comba, Mazaricos e finalizando en Zas. Resultou fundamental a coloboración dos concellos que fixeron unha importante labor de limpeza de camiños completamente tapados pola maleza, fundamentalmente no concello de A Baña. Entre un dos puntos de interese máis importantes recuperouse a chamada “Ponte do Peregrino” no lugar de Seoane, outro significativo dato do paso de peregrinos na antiguedade por estos lugares.

O próximo sábado día 20 de maio, realizarase a terceira andaina, que sairá dende a ponte de Brandomil e irá ata Berdoias no concello de Vimianzo, pasando por Brandoñas e Baiñas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Asociación Grandimirum.

comentarios