Buscando o apoio do pleno de Santa Comba para convertir Brandomil en paso peregrino
A Asociación Grandirium, conxuntamente co resto de Asociacións involucradas dos concellos de A Baña, Santa Comba, Mazaricos, Vimianzo e Zas, piden o apoio do concello de Santa Comba no recoñecemento do Camiño Santiago-Muxía por Brandomil. Contarán ademais co apoio dos Empresarios xalleiros para esta loita.
Así, as entidades, despois de demostralo na práctica unindo Santiago e Muxía pola mítica ponte zaense, presentarán mañá o pleno municipal xalleiro unha moción para pedir o apoio deste Concello no recoñecemento desta ruta histórica, que tamén pasaba por Santa Comba.
Dende estas asociacións piden o recoñecemento desta ruta ao seu paso polas seguintes vilas dentro deste concello: Codesedo, San Martiño, Choupana, Pragais e Vilaboa, trazado que comprende en torno aos 5 km. E toca dar este paso máis para loitar polo recoñecemento administrativo deste histórico camiño de Santiago a Muxía pasando por Brandomil.
A moción de Santa Comba será a primeira, seguirase este procedemento no resto de concellos involucrados.
Novas relacionadas
- Setembro 2016: O Camiño Santiago a Muxía por Brandomil estírase.
- Outubro 16: Os Empresarios de Santa Comba denuncian o esquecemento do Concello e reivindican o seu Camiño.
- A ponte de Brandomil recupera a súa historia peregrina.
- Proxectada a ampliación da Ponte Olveira para mellorar a seguridade dos peregrinos.
- A Asociación Grandimirum propón unha ruta xalleira alternativa do Camiño.
Fonte
- Asociación Grandimirum.