Celebración singular da Fundación Eduardo Pondal para a conmemoración dun día especial


A Fundación Eduardo Pondal celebrará a data do día 11 de novembro de 2011 cunha proposta un tanto singular como será a combinación de literatura e música en persoas con dispacidade visual.
A proposta levarase a cabo, de 15.30 a 16.30 horas, na biblioteca do CEIP Eduardo Pondal e a ela acudirá a totalidade do alumnado (arredor duns 200) deste centro educativo pontecesán.
A xornada abrirase cunha sesión introdutoria a cargo da contacontista Tamara Lema Rodríguez. A continuación, Manolo de Fornís (O Mago da Once) ofrecerá un concerto con acordeón piano. Cabe informar que Manolo de Fornís é discapacitado visual. Este acordeonista xa participara anos atrás nos actos das Festiletras de Monte Branco, concretamente na xornada de presentación do documental Titania S.A.
Aquí vos deixamos con el na súa actuación na Gala da Nordés 2010:
Novas relacionadas
- "Master class" de acordeón con Manolo de Fornís.
- Manolo de Fornís rompe barreiras en Carnota.
- A Fundación Eduardo Pondal efectúa o seu ingreso definitivo na ACAMFE.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).