Martes. 15.10.2019
El tiempo

Christian Pensado representa á Costa da Morte no concurso de Recantos do Luar

Christian Pensado representa á Costa da Morte no concurso de Recantos do Luar
christian-pensado-no-luar Christian Pensado Recarey demostrará este venres no programa Luar que Mazaricos é terra de recanteiros. El será o terceiro veciño do municipio mazaricán que participe no concurso de Recantos representando á Costa da Morte. Christian - que ten 22 anos e estuda criminoloxía e é camareiro aos anacos libres - xa pasou por varios escenarios televisivos en distintas ocasións e tamén cantou na orquesta Los Príncipes. Este venres el e súa contrincante Bene Nogueira - que representa á comarca de Arousa - disputarán por pasar esta primeira fase do concurso. E por iso o mazaricán aposta por unha canción eurovisiva moi coñecida por todos cantada en galego para encandilar ao público que será, xunto co xurado, o encargado de decidir se pasa ou non á seguinte fase. Así que Christian non dubida en recoñecer que "leva uns días de ensaios duros". Antes de que Christian demostre o seu chorro de voz, emitirase un video grabado en distintos puntos de Zas, Santa Comba, Mazaricos e Vimianzo e protagonizado polos seus seareiros. E unha mostra de que Christian Pensado conta xa cun bo séquito de seguidores é a páxina de facebook que abriron o seu clube de fans baixo o nome de "Club de Fans Christian Pensado Recantos". Christian Pensado ten 22 anos e e natural de Albores Mazaricos Christian Pensado ten 22 anos e é natural de Alborés (Mazaricos) O novo recanteiro da Costa da Morte asegura que se sinte "orgulloso por representar a bisbarra e, ao mesmo tempo, con moita responsabilidade". E a responsabilidade vénlle, en parte, polas súas predecesoras Iria Quintáns e Iria Bermúdez - tamén de Mazaricos - e que conseguiron moi boas posicións en anteriores edicións do concurso. Ademais, Christian Pensado atoparase con outra veciña no xurado, Tania Fuegho. En canto ás críticas que pode recibir por parte dos membros do xurado recoñece "estar preparado e ao mesmo tempo non o estar". Iso si, do que está seguro Christian é de que intentará aprender e sacar o máximo proveito do seu paso polo concurso. Moita sorte Christian! Así cantou o Bailar Pegados de Sergio Dalma:   Novas relacionadas Fonte

Comentarios