Martes. 15.10.2024
El tiempo

Unha cicatriz irreparable na Devesa do Anllares

Unha cicatriz irreparable na Devesa do Anllares

O bosque atlántico máis occidental da europa continental está en real perigo. I é que a contrución dunha nova minicentral hidroeléctrica no curso do río Xallas xa ten as súas consecuencias. Unha fenda a modo de pista (duns 4-5m de ancho coa tala de carballos importante) acaba de ser aberta no medio e medio da fraga, convertíndose nunha cicatriz irreparable para a Devesa dos Anllares.

Así o asegura Francisco Santiago López, que descubría hai unhas semanas as obras no corazón da fraga e alertaba ao colectivo Adega, que hoxe facía o seu pronunciamento público. "Aquí xa non hai nada que facer. Esto xa non se pode parar e é unha sentencia de morte desta importante fraga pois ao fragmentala, mátala", apunta Santiago.
Lembra ademais que "en 500 metros de fraga vai haber 3 encoros", en sintonía co río máis sobreexplotado de Galicia. I é que agora podemos contar en apenas 10 quilómetros de curso do río Xallas 4 encoros e 9 minicentrais emais estes 3 novos saltos.

Falta de protección

A entidade conservacionista ADEGA critica que o deterioro da Devesa débese á "nefasta política de conservación da Xunta". ADEGA tamén critica a "cobiza da empresa Ferroatlántica", que xunto co "desleixo das administracións oden facer que esta xoia do noso patrimonio natural teña os días contado".

Denuncia á UE

Francisco Santiago López afirma que esta historia "non pode quedar nunha denuncia mediatica. Eu animaría ás asociacións ecoloxistas a que presenten unha denuncia a nivel europeo, que seguro que ten outra incidencia".
Dende ADEGA afirman que van "pedir información á Xunta sobre as recentes intervencións na fraga". Ademais, "a idea é trasladar á Comisión Europea as nosas denuncias sobre a situación deste particular reduto de bosque atlántico, proposto para ser incluido na ampliación da Rede Natura 2000. Temos tamén pendente unha entrevista co Fiscal de Medio Ambiente por outros asuntos e aproveitaremos para poñer no seu coñecemento estes feitos polo que poida pescudar", sinalan dende a entidade.

"Agora só falta que metan unha canteira no Monte Pindo", comenta Francisco Santiago López con máis lamento que retranca. Pero que non o desbote, pois alomenos 3 novos parques eólicos están en marcha.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios