Venres. 11.10.2024
El tiempo

O comercio de Mazaricos volve namorar por San Valentín

Mazaricos namora no comercio
A tendente de alcalde, Beatriz Alvite Novío, e o concelleiro de Promoción Económica Jorge Sanmartín Rial, levaron onte as rifas e os carteis da promoción polos 30 comercios adheridos
O comercio de Mazaricos volve namorar por San Valentín

O Concello de Mazaricos organiza, por terceiro ano consecutivo, a campaña de promoción comercial e hosteleira Namórate de Mazaricos. En colaboración cunha trintena de establecementos -comercios e hostelería do municipio, a campaña sorteará premios entre as persoas clientes dos locais asociados.

Poñeranse en circulación vales achegados polos comercios participantes. O sorteo celebrarase o día 18 de febreiro e emitirase a través de internet.

O concelleiro de Promoción Económica, Jorge Sanmartín Rial, agradeceu á trintena de comercios e restaurantes participantes a súa colaboración, un ano máis, para seguir “promocionando o noso”. O edil salientou que a campaña permite dinamizar a economía local despois “das complicadas datas de xaneiro” e constituírse como “un segundo impulso ao consumo local durante o inverno” máis alá do Nadal.

O alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, agradeceu a colaboración dos participantes e lembrou que “o comercio e a hostalería local xeran riqueza no municipio, riqueza que significa benestar para as nosas veciñas e veciños”.

Comentarios