Martes. 16.04.2024
El tiempo

A danza contemporánea chega a Mazaricos a través do proxecto Escora

Danza escora en Mazaricos
A danza contemporánea chega a Mazaricos a través do proxecto Escora
Arrinca o proxecto Escora, impulsado pola área de Cultura da Deputación da Coruña, e faino en Mazaricos. Trátase do espectáculo de rúa “Give it a spin” de Pisando Ovos, seguido da sesión DJ con Jas Processor. Será este sábado 10 de xuño ás 19h no merendeiro diante da Piscina Municipal. Se chove, a actividade celebrarase na Casa de Cultura.

 

O proxecto Escora promove o traballo das compañías galegas de danza contemporánea nos espazos públicos. Ademais, nesta segunda edición o programa compleméntase con actividades en común coas asociacións locais. Deste modo, mañá, venres 9, terán lugar dous obradoiros. O primeiro, de danza con Anuska Fernández, para o alumnado de primaria do CPI Plurilingue da Picota. O segundo, de danza e creación con Iván Villar e Estefi Gómez, dirixido á Asociación de Amas de Casa de Mazaricos, na Casa de Cultura.

Comentarios