A Deputación anuncia na granxa familiar Ramos Alvite de Mazaricos as novas axudas ao sector agrogandeiro

A granxa Ramos Alvite, na parroquia mazara de Santa María de Maroñas, recibía onte a visiita dunha expedición provincial comandada polo presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e a deputada de Mar e Medio Rural, Cristina Capelán Cancelo.
Secundino Ramos e Marcos Ramos Alvite, os responsables desta explotación familiar, fixeron de anfitrións amosándolle as instalacións e as labores que nelas se realizan e conversaron sobre a situación actual e os retos de futuro do sector.
Unha granxa que conta con case 200 vacas e está actualmente ampliando e mellorando as súas instalacións, nas que os propietarios realizaron unha importante aposta en tecnoloxía e innovación, cunha moderna plataforma de ordeño, sistemas de control tecnolóxico individualizado dos animais para coñecer e monitorizar o seu estado de saúde e detectar calquera incidencia ou sistemas automatizados de mantemento dos establos.
Entre estes sistemas de automatización destaca un robot arrimador de comida, adquirido cunha axuda de 17.500 euros do PEL 2024, que se despraza de forma autónoma pola granxa encargándose do suministro automático de alimento ao gando e de manter limpos os pasillos de alimentación, aforrrando centos de horas anuais de traballo que antes se facía de xeito manual.
A visita serviu para anunciar as axudas da Deputación a través do Plan de Emprego Local (PEL), que o ano pasado pasado recibiron un total de 597 explotacións agrícolas e gandeiras: 90 foron para creación e mantemento de postos de traballo, 99 para investimentos en modernización e tecnoloxía e 639 para financiamento das cotas de autónomos.