venres. 17.01.2025
El tiempo

A MZ volveu convertirse no centro do sector gandeiro de Galicia

Poxa da Semana Gandeira de Mazaricos 2024
Poxa da Semana Gandeira de Mazaricos 2024
A MZ volveu convertirse no centro do sector gandeiro de Galicia

Sacou peito esta fin de semana o Concello de Mazaricos. O primeiro produtor de leite de Galicia organizou a Semana Gandeira, volvendo convertir a MZ no epicentro galego do sector gandeiro.

A poxa de gando frisón Memorial José Moreira foi, como todos os anos, o momento máis esperado. Este domingo, centos de persoas déronse cita no recinto feiral da Picota para participar neste proceso de compra e venda dos mellores animais do pais.

18 vacas saían a poxa e todas finalmente atoparon novo fogar. Ollo coas cifras, ademais, porque os 18 lotes vendéronse sumando un total de 52.300 euros de negocio, sendo o prezo máis alto acadado de 4.600 euros por unha das vacas.

Ao finalizar a poxa sorteáronse máis de 2.000 euros en premios para as persoas asistentes e para os compradores, incluíndo dende produtos e materiais agrogandeiros a produtos gastronómicos e mesmo estancias en balneario.

O Cumio a unha semana de actividades

Xogos da Semana Gandeira de Mazaricos 2024 2

A poxa supuxo o peche dunha semana de actividades onde as nenas e nenos de Mazaricos puideron achegarse a distintos exemplos de explotación gandeira ou de produtor agrícola en Galicia.

A xornada do sábado 30 foi completísima, con actividades todo o día, como a exposición agraria e de servizos, a sesión vermú e xogos para toda a familia. A pesar da chuvia e o vento, ducias de persoas acudiron para desfrutar do día no recinto feiral da Picota.

Trenzarte

Dende as 12h da mañá, a gran sesión vermuuuuu foi amenizada por DJ Rokiño. Dende as 13h emitiuse en directo o programa A Vivir las Rías de Cadena SER dende o Recinto Feiral, conducido pola xornalista mazaricá Mayte González. No programa avaliouse a situación do sector lácteo e puxéronse en valor as posibilidades gandeiras e turísticas de Mazaricos. Interviñeron o alcalde, Juan Blanco, ademais de Xoán Ramón Alvite, da organización da Semana Gandeira, e David Carreira, do Asador Manduca. Tamén participaron no programa Juan Velo de Farming Agrícola, Xusto Mourín de Africor e José Louro de E.Nova Enerxía.

Premios da Poxa da Semana Gandeira de Mazaricos 2024
Premios da Poxa da Semana Gandeira de Mazaricos 2024

Os Concursos

Concursos Xogos da Semana Gandeira de Mazaricos 2024
Concursos Xogos da Semana Gandeira de Mazaricos 2024

Á tarde entregáronse os premios dos concursos desta edición, tanto o de fotografía como o de postres lácteos. Neste último avaliábanse receitas que contivesen leite como un dos ingredientes principais. Un ano máis a creatividade foi a norma xeral entre as sobremesas a concurso, con pratos variados onde o leite se fundía con todo tipo de produtos do país.
Foron premiados a torta de queixo con mel e decoración de noces de Xiana Fernández Silva (1º premio), a torta Saint-Honoré recuberta de nata de Carmen Candal (2º premio) e mais o biscoflán de Uxío Riveiro (3º premio).

En canto ao concurso de fotografía, o xurado escolleu as presentadas por Raquel Rial García (1º), Iván Castro Ordoñez (2º) e Raúl Formoso Lago (3º). Do mesmo modo, e a través de votación en redes sociais, recaeu un premio especial sobre a fotografía de Bruno Calvo Barreiro.

Os tres primeiros premios de ambos concursos consistían nunha cea para seis persoas (1º premio), outra para catro persoas (2º premio) e unha terceira para dúas persoas (2º premio). Todos os premios eran intercambiables por vales de compra no comercio local (a razón de 25 euros por persoa). O premio especial para a foto máis votada en redes sociais é unha cea para catro persoas, que tamén pode trocarse por vales de compra segundo o mesmo sistema.

Trenzarte

A tarde amenizouse con actividades para toda a familia que desfrutaron especialmente as pequenas e os pequenos da casa. Tivo grande éxito o obradoiro de elaboración de queixos onde puideron expresar a súa creatividade. Tamén houbo xogo da chave, carreiras de zancos ou pinta caras, entre outras actividades. O público tamén puido achegarse a coñecer mellor a nosa cultura material tradicional a través dunha mostra de arte de trenzado en palla da man da asociación Trenzarte.

Máis novas

Comentarios