A descentralizada Festa hostaleira do Bolo do Pote
Non foi aquela festa das aglomeracións e as potas xigantes. A XXIII edición da Festa do Bolo do Pote de Mazaricos celebrouse por parroquias, ou máis ben, por bares. Foron 8 os establecementos hosteleiros que participaron nesta edición e que deron de comer, moi ben, a máis de 400 comensais, un menú que incluía bolo do pote, cocido, postre, viño e café: Restaurante O Verxel, Asador Manduca, o Restaurante EFE-EME, a Pizzería Pinocchio, Casa Jurjo, Campamento Corzón e Casa Pego, coa colaboración de Casa Senra.
Para o Concello trátase dun gran éxito. O concelleiro de Promoción Económica, Jorge Sanmartín, valorou positivamente esta edición atípica, a primeira celebrada dende que comezou a pandemia de COVID-19 . “A pesar das medidas especiais con que se celebrou esta festa, rexistrouse unha asistencia que amosa que a nosa gastronomía segue xerando interese e que durante todos estes anos creamos unha grande afección por este prato”, asegurou o edil. Sanmartín agradeceu a todos os locais participantes a súa implicación na festa e ás persoas asistentes “seguir apostando polo noso, polos nosos sabores”.
Novas relacionadas
- Novembro 21:: A carne e o bolo do Pote de Mazaricos triunfaron no Xantar.
- Bolo do pote 2020: 1.000 Bolos do Pote para manter viva unha festa secular.
- Bolo do Pote: 2019: O Bolo do Pote de Mazaricos quitoulle o frío a máis de 2000 persoas.
- Bolo do Pote 2018: Máis xente que nunca para zampar as 2.000 racións da Festa do Bolo do Pote.
- Bolo do Pote 2017: A tradición e a troula mesturáronse na Festa do Bolo do Pote de Mazaricos.
- Bolo do Pote 2016: 2000 racións de tradición gastronómica na Festa do Bolo do Pote de Mazaricos.