Dous feridos nun novo accidente no cruce de Berdoias e outro nunha saída en Mazaricos

08:35 22/05/17

Esta pasada noite de domingo 21 de maio rexistrábase un novo accidente no cruce de Berdoias, na AC-552, o segundo que se produce neste punto no mes de maio. Eran as 21:30h aproximadamente cando dous vehículos colisionaban quedando dúas persoas feridas, tendo que se trasladados polo 061.
Bombeiros de Cee e Garda Civil de Tráfico ordearon a zona e procederon á limpeza da estrada, quedando reaberta á media noite.
Accidente tamén en Mazaricos
Ás 07:00 horas desta mañá de luns, dábase outro accidente, que se saldaba cun condutor ferido despois de envorcar co seu vehículo en Beba, na estrada que une Suevos e A Picota, Mazaricos. Tras recibir o aviso e ante posibilidade de que o condutor puidese estar atrapado no interior do turismo, o 112 Galicia alertou aos Bombeiros de Santa Comba e ao GES de Muros. Tamén, pasou aviso á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil.Finalmente, os servizos de emerxencia desprazados ao punto confirmaron que o ferido puido ser evacuado polo persoal sanitario, sen ser preciso o uso do material de excarceración.
Accidentes 2017
- 14-05-17: Dous accidentes e un incendio nunha vivenda para a noite do sábado:
- 08-05-17: Unha moza malpicá de 23 anos falece nun accidente de tráfico na A-6.
- 08-05-17: 3 accidentes na AC-552 salpican a fin de semana costeira.
- 01-05-17: Dous accidentes deixan varios feridos en Muxía e Carballo.
- 24-04-17: Dous feridos en Coristanco nun accidente:
- 21-03-17: Un ferido nun accidente de tráfico en Muros.
- 11-03-17: Excarcelada unha persoa tras un accidente en Carnota.
- 07-03-17: Un ferido leve nun accidente en Carballo.
- 10-01-17: Noite de accidentes.
- 08-01-16: 3 accidentes empañaron a ponte de Reis.
- 05-01-17: Un coche volca na Autovía á altura de Coristanco.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).