Empezou o Nadal en Mazaricos


Con estas fantásticas facianas dos peques pegados por toda a Casa da Cultura, arrincou o Nadal en Mazaricos este pasado sábado. Ademais do alumeado de Nada, e o festival de Nadal, pola semana xa tocan actividades para manter activos aos peques.
Este luns arrinca o Nadal Lúdico, que durante os días 21, 22, 23, 28 29 e 30 de decembro, e 4 e 5 de xaneiro, ocuparán as mañás dos peques. Ademais, o luns 21 ás 17:00h, cine con Del Revés, repetíndose a cita ata o sábado.
O domingo haberá Festival do dentro de Discapacitados de Valadares, e o baile dos maiores.
Xa despois de fin de ano, estaremos atentos o domingo 3 de xaneiro ao Autoestopista Intergaláctico, un espectáculo de circo para todos.
Como non ía ser doutro xeito, serán os Reis Magos na cabalgata do 5 de xaneiro os que despidan este emotivo Nadal.
