mércores. 11.12.2024
El tiempo

As enmendas do BNG da comarca Muros-Noia e Mazaricos aos Orzamentos da Xunta

BNG Ria de Muros e Noia
As enmendas do BNG da comarca Muros-Noia e Mazaricos aos Orzamentos da Xunta

Comeza a serie de enmendas solicitadas pola oposición á proposta de Orzamentos da Xunta para o 2025. Polo sur da comarca, o BNG da comarca de Muros e Noia e Mazaricos presentou unha serie reivindicacións, algunhas pedidas pola veciñanza dende hai décadas para os Concellos de Mazaricos, Muros, Lousame, Porto do Son, Outes e Noia.

Destacan 4 ámbitos de actuación onde debe enfocar a Xunta os seus orzamentos: 

1º.- A ría, como fonte central da economía da comarca

Onde se centran na falta de saneamento dos concellos e na eliminación de vertidos á ría e ao río Tambre, reclamando para íso a súa mellora en Outes coa instalación de novas EDAR na Ponte Nafonso, en Valadares e en San Lourenzo, a dotación tamén de EDAR e rede de saneamento entre Braño e Laxeiros en Serres-Muros, que segundo palabras da deputada Rosana Pérez, consideran “vital para eliminar os vertidos no banco marisqueiro da Virxe do Camiño, un dos máis importantes da ría”, proponen tamén “actuacións no concello de Noia, para dar cumprimento ao Plan Director de Saneamento do ano 2021, e dentro dun fondo para obras de mellora de redes de saneamento e depuración que suma un total de 21,5 millóns de euros”.
Inclúen tamén unha partida de 1 millón de euros para o concello de Mazaricos, para o saneamento de núcleos rurais, onde a dispersión da poboación (+100 núcleos) tanto a construción como o mantemento do seu saneamento
A preocupación pola perda de productividade da ría de Muros e Noia tamén se reflicte nas emendas presentadas: o Proxecto INVESrías 2025-30, de investigación integral das causas de perda de produtividade das rías que, para 2025 estaría dotado con 3.100.000 euros, na mesma liña un Plan Estratéxico de recuperación das rías e produción de semente autóctona, por un total de 19 millóns de euros.

2º.- Infraestruturas viarias

Os nacionalistas consideran que é prioritario o desdobramento do corredor Brión-Noia; a mellora da AC-550 e da Avda. de Fisterra en Outes, e a conexión de San Lázaro en Noia coa AC-543. 
Resaltan tamén a importancia da creación dunha liña de bus que vertebre a ría, a creación dun bus comarcal que permita unha conexión cun bus lanzadeira con Santiago.

3º.- Outro tipo de infraestruturas:

A modernización da ETAP de Noia, a construción do parque empresarial de Porto do Son ou a busca de acordos entre a Xunta Mancomunidade Serra do Barbanza para manter modelo alternativo e máis ecolóxico a SOGAMA. 

4º.- Emendas destinadas a paliar as carencias e deficiencias no ámbito social

O mantemento dos centros de saúde de Noia e a necesaria reforma integral do centro de saúde de Porto do Son.
Propoñen máis de 1 millón de euros para melloras nos colexios de Mazaricos e para a cuberta do colexio de Esteiro-Muros.

Piden medidas contra a falta de vivenda pública, e presentamos emendas por máis de 1 millón de euros para que se facilite ese acceso en Outes e en Esteiro-Muros, co arranxo do edificio da casa dos Mestres. 
A dotación dunha escola infantil pública en Noia, único municipio galego de máis de 10.000 habitantes que non a ten, ou a elaboración do proxecto para unha residencia de maiores pública en Outes, así como a restauración das laudas gremiais de Noia e a creación dun museo gremial ou a recuperación e musealización da casa natal do Poeta Añón en Outes completan as nosas demandas, que son as demandas, en moitos casos vellas demandas, da cidadanía da comarca.

Máis novas sobre os Orzamentos

 

Comentarios