Excarcerado tras sufrir un accidente ao seu paso por Mazaricos
06:32 28/01/19
Accidente en Mazaricos-Foto-GES Muros
Esta pasada noite de domingo, arredor das 23:30h, rexistrábase un aparatoso accidente por unha saída de vía na AC 400, Km.69 ao seu paso por Sta Mariña, Mazaricos. Acodían ao lugar os Bombeiros Sta Comba, o 061, a Garda Civil de Tráfico e o GES de Muros.
O condutor e único ocupante do vehículo tivo que ser excarcerado polos Bombeiros e foi evacuado en ambulancia con feridas leves.