Fin de semana de Xovencas e Comercio por Mazaricos
07:50 28/11/14
Un dos eventos do ano en Mazaricos, acapital gandeira da Costa da Morte, é esta feira de gando, que un ano máis, chega completa. A VI Xornada Técnica do sector lácteo e a VIII Poxa de Xovencas de raza frisona xuntará en Mazaricos a todo o mundo agrícola costeiro.
Todo acompañado da 2ª Feira do Comercio de Mazaricos, que locirá durante esa fin de semana do 29 e 30 de novembro no Pavillón da Picota.
A esperada Poxa
A Poxa de Xovencas de raza frisona, que este ano chega á 8ª edición, é un dos momentos máis esperados. Cal modelos das mellores firmas de costura, as frisonas paséanse ante a mirada dos gandeiros, pendentes de quedar prendados da súa elegancia. O ano pasado, a xovenca Dupa Xacobeo “Rita Alasca”, foi a máis valorada cun prezo de venda de 3650 €, así que veremos este curso como anda o mercado. A cita, o domingo 30 de novembro a partir das 11:00h, tendo ademais un desconto de 150€ por cada xovenca mercada, cun obsequio e unhas rifas.Novas relacionadas
- Mazaricos reafírmase como a capital gandeiro da Costa da Morte.
- As Xovencas de Santa Comba bailaron a ritmo de zumba.
- Da importancia da Formación Rural na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).