Mércores. 03.06.2020
El tiempo

Fotodenuncia: Embarcadoiro sen barcos

Fotodenuncia: Embarcadoiro sen barcos

"Un exemplo máis dos despropósitos urbanísticos na Costa da Morte". Así define a estampa Paloma Trillo, ao chegar a este embarcadoiro sen barcos do encoro de Santa Uxía do Ézaro, no curso do río Xallas e pertencente ao Concello de Mazaricos.

Contruiuse no seu día co obxectivo de instalar un clube náutico e hoxe fica abandonado e obsoleto sen sequera estar rematado. Unha verdadera mágoa e tamén un exemplo de como se despilfarran os cartos na Costa da Morte.

Con todo, o lugar valería perfectamente para un recuncho como para unha fotodenuncia... Todo chegará porque encanto, o lugar ten abondo...

Novas relacionadas

Máis Fotodenuncias

Podes enviarnos a túa fotodenuncia a [email protected] ou a través do noso Facebook.

Fonte

comentarios