luns. 02.12.2024
El tiempo

Francesca Valle lidera a renovada lista socialista de Mazaricos

PSOE Mazaricos Francesca Gabriella
Francesca Valle lidera a renovada lista socialista de Mazaricos

Unha das grandes novidades destas eleccións municipais é a renovación completa do PSOE mazaricán, unha das 4 candidaturas para o 28 de maio. Francesca Valle Martínez lidera o grupo socialista.

Chilena de nacemento, leva dende 2006 en Mazaricos, coidando dunha explotación gandeira (de vacas e porco celta) e unha empresa de servizos agrícolas.

Ao seu carón si repite Eva García, tamén nº2 na pasada lista encabezada por Francisco Javier Trillo (hoxe candidato por Espazo Común), e moitas caras novas como José Antonio Antelo, Manuel Traba, Francisco Pais ou Eva Tomé.

Dende o grupo socialista critican os “30 anos de retraso que leva o Concello de Mazaricos, sen polígonos, nin estradas… e onde tiveron que pechar o 70% dos negocios”. Incluso no sector potencia do concello, aseguran, “pecharon máis da metade das granxas. O que tiña 100 vacas agora ten 1.000, pero moitos outros tiveron que pechar o negocio.

Critican que o Concello está “vendendo Concello a Villar Mir e as empresas eólicas”, e que “milleiros de hectáreas na contorna do encoro da Fervenza de terreo de cultivo non volveron a producir”.

A mala relación co ex candidato socialista é evidente, pero considera que non debería haber pactos nin “cun BNG que non é de esquerdas” nin “cun PP de extrema dereita”.

Comentarios