A Gran Tractorada de Reis encherá Mazaricos de cor e ilusión

09:59 04/01/23
Trala fantástica Carreira do Leite e Brinde Leiteiro, Mazaricos afronta este remate de Nadal, pero faino por todo o alto.
Os Reis Magos volven este xoves 5 de xaneiro, para traer ilusión, alegría e agasallos a todas as nenas e nenos de Mazaricos. As rúas da Picota acollen dende as 17h a Gran Tractorada de Reis, un evento co que as súas Maxestades de Oriente poñen o broche a unha completa programación de Nadal reivindicando o carácter rural de Mazaricos.
Posteriormente, celebrarase no recinto feiral unha recepción e reparto de agasallos entre todas as nenas e nenos asistentes por parte dos Reis Magos e os seus axudantes.
