Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Grille constitúe unha comunidade de enerxía renovable pioneira no sector agrogandeiro galego

DCIM\100MEDIA\DJI_0074.JPG
Grille constitúe unha comunidade de enerxía renovable pioneira no sector agrogandeiro galego

A planta fotovoltaica instalada na cuberta da Granxabar, da Sociedade Cooperativa Grille, garante un autoconsumo sostenible que cobre o 35% da súa necesidade enerxética, e implica aforro de máis do 20% nas facturas eléctricas. Trátase dunha nova demostración do carácter pioneiro do sector agrogandeiro de Mazaricos, que avanza tecnolóxicamente á vangarda do país.

En realidade, coa planta fotovoltaica instalada nas súas cubertas por E.nova Enerxía, Grille ten intención de alcanzar o dereito de producir, consumir, almacenar e vender a súa propia enerxía renovable. Pero é que ademais, afonda no compromiso co cambio climático e ca redución de emisións.

Grille apostou por unha comunidade enerxética, unha entidade xurídica baseada na a participación aberta e voluntaria que, entre outras vantaxes, permiten alcanzar unha determinada independencia enerxética, a cogobernanza sobre os recursos enerxéticos, o aforro nas facturas individuais e unha maior resistencia fronte ás convulsiones que poden afectar ao mercado enerxético.

Así, a día granxa, que necesita 10.000kW diarios sobre todo para o enfriamento do leite, e con esta comunidade pode xa cubrir o 35% do consumo actual cunha fonte renovable e sen emisións. A enerxía solar que se produce nas cubertas da cooperativa implica neste momento un aforro do 20% nas facturas nesta primeira fase da comunidade enerxética.

A entidade asegura que non necesitou facer investimento inicial, e que ten en proxecto unha segunda fase de ampliación ata os 80kWp.

A sociedade cooperativa Grille, fundada en 1963 por nove familias gandeiras de Mazaricos, conta con 12 traballadores e cunha produción superior aos 20.000 litros de leite ao día das súas máis de 600 vacas.

Comentarios